Gaélica Solar

Gaélica Solar proxecta o desenvolvemento de dous novos produtos que prevé patentar ao longo de 2014 para iniciar a súa comercialización. Trátase dun deshidratador solar antioxidante para o tratamento e conservación de alimentos e unha plataforma mariña que produce enerxía a partir da forza das ondas para o seu consumo sobre a propia plataforma (para actividades acuícolas, explotacións mineiras mariñas, apoio a estacións petroleiras, centros de investigación mariños, etc.) e para abastecer a illas e zonas costeiras.

No marco do ciclo “Os mércores de Tecnópole”, o xerente de Gaélica Solar, Manuel Eirín, atribuíu o crecemento da empresa á innovación, “que foi o que nos permitiu pasar dun niño na incubadora a unha nave propia nunha parcela do Parque Tecnolóxico de Galicia”.

VN:F [1.9.20_1166]
Rating: 9.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.20_1166]
Rating: 0 (from 0 votes)
Gaélica Solar, 9.0 out of 10 based on 1 rating

Comments are closed.